Master en Arqueología y Ciencias de la Antigüedad (Santiago de Compostela, Santiago de Compostela)

Universidade de Santiago de Compostela

Ubicación:Santiago de Compostela - Santiago de Compostela

Tipo:Maestrías

Modalidad:Presencial

Caracteristicas

Obxectivos

a) Capacitar aos estudantes para estableceren relacións recíprocas entre os principais eixos que configuran o máster: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
b) Capacitar aos alumnos para adquiriren un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos clásicos.
c) Proporcionar aos estudantes os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora cunha formación versátil e interdisciplinar.
d) Capacitar ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo da arqueoloxía, así como indicar a súa utilidade na práctica investigadora e na divulgación do patrimonio cultural.
e) Dotar aos estudantes das destrezas fundamentais para o aproveitamento dos coñecementos adquiridos e a súa aplicación á correcta interpretación e difusión do mundo clásico.
f) Capacitar aos estudantes para abriren vías de investigación novas no ámbito do mundo clásico.
g) Facer posible que os estudantes cos seus traballos de investigación contribúan ao desenvolvemento cultural europeo a través da interpretación crítica e a correcta transmisión do patrimonio cultural clásico nas súas diversas manifestacións.























Plan de estudios

Historia intelectual do mundo antigo
Epigrafía clásica e historia da moeda
Modelos antropolóxicos para o estudo das sociedades antigas
Patrimonio arqueolóxico; historia e modelos de xestión
Iconografía e mitoloxía clásicas
Fontes literarias para a historia do mundo clásico
Reconstrucción das sociedades prehistóricas
Cultura material romana e tardoantiga
Toponimia de Gallaecia
Ocupación do territorio na época romana e tardo antiga de Galicia
Artes plásticas e ornamentais na Gallaecia
Cultura castrexa
Fontes documentais para a antigüidade
Arqueoloxía e ecoloxía do fenómeno tumular e megalítico galego
A idade de bronce: a metalurxia e as relacións a longa distancia
A formación histórica dos pobos de Hispania
O cristianismo na antigüidade
Historia dos celtas
Metodoloxía da historia das relixións antigas
Agricultura e agronomía na antigüidade
A romanización en occidente: as transformación dos pobos indíxenas
Análise literaria de textos gregos e latinos
Análise lingüística de textos gregos e latinos
Crítica textual de textos da antigüidade
Traballo de fin de máster




















Requisitos

Titulacións da área de Humanidades e de Ciencias Sociais.