Master en Dirección de Empresa Familiar (Santiago de Compostela, Santiago de Compostela)

Universidade de Santiago de Compostela

Ubicación:Santiago de Compostela - Santiago de Compostela

Tipo:Maestrías

Modalidad:Presencial

Caracteristicas

Obxectivos

OBXECTIVOS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA:
Obter unha formación avanzada en Empresa Familiar, tanto no aspecto teórico coma no aplicado.
OBXECTIVOS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL:
Proporcionar formación sobre a aplicación dos métodos de xestión e dirección, valiosos na práctica profesional nas empresas familiares, en todos os sectores da economía.
OBXECTIVOS FORMATIVOS ESPECÍFICOS DO PROGRAMA:
Están vinculados á aprendizaxe , por parte do alumnado, de todas as cuestións, teóricas e prácticas, para:
- Planificar a sucesión
- Superar os inconvenientes dos seniors a deixar os seus postos no momento oportuno
- Incorporar directivos non familiares
- Resolver os problemas financeiros e fiscais do cambio xeracional
- Garantir que o sucesor familiar sexa competente
- Ter a capacidade para atraer e reter a directivos seniors non familiares
- Conseguir recursos financeiros externos; establecer alianzas con otras empresas sin perder o control efectivo da empresa e dirixir o proceso de internacionalización, no seu caso
OBXECTIVOS XERAIS
- Contribuír ao desenvolvemento da sociedade mediante a formación no ámbito empresarial, axudando a crear e manter as empresas familiares a través da formación desde a Universidade, de forma que posúan unha estructura sólida e cohesionada, que ofreza ás mesmas a seguridade e os aparellos necesarios para acadar os seus obxectivos nos eidos empresarial e familiar, procurando que os alumnos acaden as competencias xerais que lles permitan o desenvolvemento persoal e profesional
- Aproveitar ao máximo todas as vantaxes competitivas das empresas familiares
- Procurar a plena armonía das relacións dos membros da familia empresaria, de xeito que non afecte ao crecemento e desenvolvemento da empresa familiar
OBXECTIVOS ESPECIFICOS:
- Organización adecuada da empresa familiar e creación de estruturas de goberno que regulen as relacións familia-empresa
- Xestión profesionalizada que asegure a pervivencia e competitividade da empresa
- Optimizar a fiscalidade da empresa familiar e dos seus membros
- Procurar ferramentas de financiación que permitan á empresa familiar a súa innovación e expansión nacional e internacional, sen perda do poder político
- Comunicarse con fluidez no entorno familiar
























Plan de estudios

Estructura, Órganos de Goberno e Xestión da Organización Na Empresa Familiar. A Sucesión.
Marco Xuridico Especifico da Empresa Familiar
Fiscalidade Na Empresa Familiar
Dirección Estratéxica Na Empresa Familiar
Viabilidade de Proxectos
Plans Financeiros e Control Orzamentario
A Internacionalizacion da Empresa Familiar
Venta, Fusións e Adquisicións Na Empresa Familiar
Conferencias, Mesas Redondas de Empresarios de Empresas Familiares e Outros Axentes Sociais
Seminarios Sobre Empresa Familiar
Traballo de Fin de Máster
Prácticas na Empresa Familiar


















Oferta Educativa Similar