Master en Procesos de Formación (Santiago de Compostela, Santiago de Compostela)

Universidade de Santiago de Compostela

Ubicación:Santiago de Compostela - Santiago de Compostela

Tipo:Maestrías

Modalidad:Presencial

Caracteristicas

Obxectivos

O Máster exponse cunha duración dun ano e en cada cuadrimestre establécense dúas grandes temáticas:
- Ao finalizar o primeiro cuadrimestre os/as estudantes deben estar en condicións de recoñecer os modelos básicos da investigación educativa e as diversas liñas de investigación e traballo profesional que se están a levar nos dous departamentos.
- Ao finalizar o segundo cuadrimestre os estudantes deben dominar os conceptos e as técnicas básicas de actuación nos campos de especialización que elixan dentro das posibilidades dos dous módulos optativos e as restantes materias.
Tamén se trata de:
1. Coñecer en profundidade os diversos ámbitos de proxección da Investigación pedagóxica e de inserción laboral dos posgraduados en Educación.
2. Coñecer as diversas actividades profesionais especializadas (postos e funcións) que desempeñan os postgraduados en Educación.
3. Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (a calidade, o e-learning, o deseño de contidos didácticos dixitais, o asesoramento individual ou institucional, a validación de competencias, a formación continua, a investigación e innovación educativa etc.)
4. Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos.
5. Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I D I) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.
6. Analizar as achegas da investigación pedagóxica e os procesos de xeración de coñecemento científico en diversos campos especializados.























Plan de estudios

Investigación en Avaliacións de programas e Institucións
Investigación en Formación e recursos humanos
Investigación en Elearning
Planificación de procesos formativos
Atención á diversidade e procesos de inclusión
Avaliación e orientación de competencias
Formación de formadores e profesionais de axuda
Innovación e creatividade
Calidade: modelos, enfoques e técnicas
Titoría e mentoría na Formación
Asesoramento ás institucións
Prácticas Obrigatorias
Traballo Fin de Máster
Deseños e técnicas de investigación educativa

















Requisitos

TITULACIÓNS DE ACCESO (por orde de preferencia): Preferente Nivel 1 – Licenciaturas en Ciencias da Educación (Pedagoxía e Psicopedagoxía) Preferentes Nivel 2 – 1. Licenciatura en Psicoloxía 2. Licenciatura en Socioloxía 3. Licenciatura en Documentación 4. Licenciatura en Actividade Física e Deporte 5. Licenciatura en Comunicación Audiovi-sual 6. Licenciatura en Administración e Direc-ción de Empresas 7. Licenciatura en Economía 8. Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración 9. Licenciatura en Xornalismo 10. Licenciatura en Investigación e Ciencias de Mercado Preferentes Nivel 3 – Área de Humanidades Área de Ciencias Experimentais e da Saúde CRITERIOS DE SELECCIÓN Expediente académico: 50% Linguas (inglés): 10% Experiencia profesional: 20% - Xustificada co Contrato de Traballo, Nivel de cualificación Experiencia investigadora: 10% - Xustificada documentalmente por organis-mos oficiais Outros méritos: 10% - Participación e colaboración en organizacións de carácter social ou organizativo























Oferta Educativa Similar